Secundino Lorenzo Fernández é un profesor de Matemáticas, que leva un ano xubilado. Traballou no I.E.S. As Lagoas de Ourense. Gran afeccionado á pesca, á fotografía e á informática, sente unha especial paixón polos ríos. El e eu coñécemonos a través da súa execelente web sobre A vida nos ríos galegos.
Alí, na súa páxina, están recollidos moitos recantos dos ríos Ulla e Arnego ao seu paso por Agolada, froito desa colaboración que mantemos.
Extraídas da súa páxina déixovos esta foto-caricatura e a súa autodefinición.
TÍTULOS:
Enamorado de Galicia.
Enamorado da Natureza e da miña terra.
Pescador de troitas dende que tiña pantalón curto.
Cofrade inoxidable da beleza dos ríos e outras cousas.
AFECCIÓNS:
Gústame a informática dende os tempos do CPM.
Gústame a astronomía dende a época de Aller.
Afeccionado á fotografía de toda a vida.
Afeccionado á micoloxía.
ALERXIAS:
Sinto unha forte reacción cos Concellos, empresas e persoas que contaminan e degradan o Medio Ambiente.
Danme náuseas os que queiman os montes e os que desgracian a nosa natureza.
Sinto desprecio polos que podendo facer moitas cousas pola nosa terra, só miran o seu bolsillo.
Teño alerxia ás centrais e minicentrais hidroeléctricas, que non cumpren a lei; ao velas vexo a morte dos ríos. É inevitable.
Cando hai dous anos lle mandei recado da existencia da insua dos Cabalos, acudiu con celeridade a coñecela. Agradézolle as palabras de gabanza que lle dedicou.
Unha aperta, Secundino.
Moitas gracias polas túas palabras.
ResponderEliminarPor certo, por motivo alleos fai uns días a Xunta cambiou o link da miña páxinas agora é
http://centros.edu.xunta.es/iesaslagoas/webantiga/slorenf/vidario0.htm
Saudos