Co título con que encabezo esta entrada, titulaba días pasados o Faro de Vigo querendo expresar un dos obxectivos deste blog. O titular é deles, eu nada lles apuntei neste sentido. Tendo en conta o que me confesan algúns agoladenses que están fóra de Galicia, son estas fotos o principal atractivo que ten o blog para eles.
A foto está feita diante da casa do César e da Sarita. É de finais dos 60. Nela están, arriba: Eva Miguélez, Marita de Panadeiro, Pili do Claudino, Daniel do Sidorio, Pepe Luís do Carril, Mercedes do Felipe; no medio: Gema do Lousa, Eva do Ferreiro, Clarita do Víctor, a filla de Barcala; abaixo: Luís Asorei (Araque), Carmela do Caldeireiro e Chus do Caldeireiro.
É verdade, os que estamos lonxe, disfrutamos vendo estas fotos, pero non só teñen que ser deses anos, algúns hay tempo que non voltamos á terra, e gostarianos ver algunha recente tamén. Quedome coa cara larga, pois ainda que teñen os nomes, lévame unha miga recoñecela xente e o final a cara larga troca nunha cara sorrinte e ás veces coas bágoas nos olos, grazas pola laboura que facedes, por lle adicar ese tempo, por nos adicar o voso tempo, espero vernos pronto.
ResponderEliminarNaveiro.