16 de xullo de 2007

AMARELAS E LUMINOSAS

Á parte da beleza implícita que as flores teñen, á parte do feito de expoñelas nesta páxina, hai un fin principal que me motiva: ir recolléndoas para completar o catálogo das flores silvestres que compoñen o conxunto máis atractivo dos campos e dos bosques de Agolada.
Quero invitar aos entendidos na materia a que nos ilustren sobre os nomes que as designan e as propiedades de cada unha destas plantas, se as tivesen.

1 comentario:

  1. A segunda flor é o mexacán que se chama así porque mexan os cans nela. En castelán é dientedeleón e transfórmanse nas boliñas brancas que todos sopramos algunha vez na vida.
    A primeira flor non sei cal será.

    ResponderEliminar