17 de xullo de 2007

A CONSTRUCIÓN DA IGREXA

Fidel Torreiro envioume estas fotos do ano 1962 ou 1963, de cando se estaban rematando as obras da igrexa actual, a que substituiría á Capela das Virtudes como lugar de culto en Agolada.
Dirixía os traballos o crego que había naquela época, D. Luís Rodríguez Vázquez. Pero a min gustaríame destacar a colaboración veciñal nos distintos traballos cun grande sentido de colectividade, participando cadaquén no que sabía ou podía facer. Eu lembro ao señor Castor co seu carro e o seu cabalo branco carretando auga nos bidóns do leite, para facer o morteiro. Igualmente lembro o asombro que nos causou ver colocar a Vicente Torreiro, pai de Fidel, a cruz de ferro na cima do campanario (foto superior). Na foto de abaixo están Vicente Torreiro e Antonio do Cureixas colocando ladrillo na ábsida interior da igrexa, en andamios de madeira.
A igrexa carece de valor artístico, pero ten a nobreza da pedra nos muros e a suor da xente de Agolada en cada recanto. Iso é o máis importante.

5 comentarios:

  1. Gustanme especialmente as fotos vellas, esas que levan o tempo cara atrás, cando non estaban esas cousas que naturalizamos nos sitios. Fermoso texto.

    ResponderEliminar
  2. Ola!

    Noraboa polo blog sentimental que tes aberto a todos nós.

    Gustaríame facerche unha pregunta.

    Desde hai uns meses veño seguíndolle a pista os petos de ánimas de Pontevedra, e non teño ningún en Agolada.

    Poderías confirmarme que non hai ningún ou a perda dos que houbera.

    O meu correo é marcolope@yahoo.es

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Entre as moitas virtudes deste blog ten algunha que outra inesperada: por exemplo a de permitir o reencontro de dous agoladenses na capital búlgara. Grazas. X. V.

    ResponderEliminar
  4. Ola meus amigos:Estes días oblog anda de descanso en praias de Miño (A Coruña). Espero que saibades disculpar a espera.
    Alédame o reencontro deses dous agoladenses amigos que nos ollan desde Sofía. Dobré?
    Respecto dospetos de ánimas,só teño noticia dun que había no lugar de Marcelín, na parroquia deMerlín. Estaba á beira do cruceiro de Marcelín. Tiña unhahuchapara os cartos e o que se recadaba nel ía para sufragar as festas en honra á Santa Cruz, que tiña alí á beira unha ermida.
    Saúdos a todos een particular aos que deixastes os comentarios.

    ResponderEliminar
  5. E que foi dese peto?

    Logo das vacacións poderías adicarlle un post?

    A ver se teño sorte e tes un algo de tempo para este asunto.

    Un saúdo.

    marcolope@yahoo.es

    ResponderEliminar