21 de xullo de 2007
EN MIÑO (A CORUÑA)
Desde o repouso estival en terras de Miño retomo o contacto cos amigos e seguidores deste caderno para ofrecervos estas dúas imaxes que ilustran a entrada: a extensa e fermosa praia Grande e unha floriña diminuta e fermosa que medra a carón das dunas da mesma praia.
O verán en Miño vén moi suave, nestes días non superamos os 23ºC pero o sol e as nubes alternáronse para permirtirnos os baños de mar e a ración adecuada de ultravioleta.
Por outra parte tamén veño de constatar a desorde urbanística que parece ser común ás zonas costeiras e a depredación de territorio por parte das grandes construtoras. Só un día tiven ocasión de facer unha pequena ruta en bici para descubrir os valores culturais desta zona. Xa vos darei conta deles en posteriores entradas.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario