21 de xullo de 2007

MOZOS, CACHARROS, FEIRA E PENDELLOS

Esta é outra das varias fotos escaneadas que me envía o amigo Fidel Torreiro, feito que lle agradezo moito. É unha imaxe de 1973 na que eu tamén figuro e que non posuía. Poucos anos máis virían á feira os cacharreiros coas súas cuncas, olas, xerras, cazolas, porróns, etc. Soían establecerse na praza e preto da feira das vacas, a carón dos Pendellos. Nesta feira de inverno un grupo de amigos xogamos a retratarnos como protagonistas dun insólito bodegón. Mais velaí que a foto queda agora como testemuña da presenza dos cacharreiros na feira de Agolada, entre os Pendellos, coa súa mercadoría exposta e pousada no chan.

1 comentario:

  1. Alégrome de que exista aqualatam, eu amo o galego e tamén a Agolada, e estiven por primeira vez en 1979 era o día 12 dun mes, non recordo cal, do ano 1979 alí fixen amistade con mozas e mozos que posiblemente hoxe non se acorden de min, de feito vou algunha vez a feira desde Santiago e non coñezo a ningúen, pero paseo por toda a Vila recordando o inicio dos anos 70 onde bailaba na sala de festas e escoitaba a Charanga de Juán Pardo etc., teño unhos recordos moi agarimosos desa terra que nunca esquencín nin esquencerei. Saúdos á Golada e a todos os que recordo pero xa non coñezo.

    ResponderEliminar