Acubilleiros de namorados,
acubilleiros de xentes afriadas polos nevoiros,
acubilleiros de nenos,
escondedeiros,
acubilleiros...,
¡cantos e choros!,
cantos recordos dos antergos e de nós,
ía eu paseniño,
mirando as tendeiras cobizosas
de vender os seus queixos,
as súas mercadorías tantas...;
os ranchos nos carros de ladrais...;
os xatos aventellados...;
os zocos de biqueira,
sí aqueles inventaron o "lume de biqueira",
pobre do que recibira unha patada en salva parte,
miña nai, non teño tempo para máis.
Só recordo que cando me fun alonxando,
voltei a mirada aos pendellos, e dixen:
Os meus soños quero que sigan aí,
si aí, pero que sigan baixo dos pendellos.
Viva sempre así a Agolada.
Un poema sentido e señardoso.
ResponderEliminar