Nesta foto do álbum de Xosé Vázquez Pintor, de mediados dos anos 60, vemos a Manolo de Mutilado, Pepe de Víctor, Xosé Vázquez Pintor e Lamela (fillo do señor Manuel, que casara en segundas nupcias coa Mariíña); fotografados nos xardíns da Marina en A Coruña. Ao fondo aínda podemos distinguir aqueles clásicos buses de dous andares que percorrían a cidade desde Porta Real ata Os Castros.
Nunha soa imaxe quedan recollidos os costumes, as vestimentas, a pose, a amizade e a satisfacción de verse na Cidade de Cristal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario