3 de xullo de 2007

A DELEGADA DE CULTURA NOS PENDELLOS

Na rolda de visitas que solicitamos desde a Asociación Amigos dos Pendellos a distintos organismos, tamén pedimos audiencia na Delegación de Cultura de Pontevedra. A Delegada de entonces, Marta Patricia Souto (hoxe Directora Xeral do Deporte) quixo coñecer in situ os Pendellos e a idea que ambicionabamos. Iso ocurría o 14 de xaneiro de 2006. Foi moi receptiva con todo o que lle expuxemos e desde entón sempre foi unha gran valedora da restauración dos Pendellos. A súa Consellería comprometeu 174.000 € como primeira inversión. Aínda acudiría unha segunda vez a Agolada para presentar o Proxecto de restauración da Capela das Virtudes e da Casa da Neves (futuro Centro Expositivo das Feiras).
Foto e noticia recollida da edición local da Voz de Galicia.

1 comentario:

  1. Aínda non pasei pola Golada pero nestes días escoitei moitas cousas do teu querido concello na boca de Paco Lareo. Non teño o teu tf, pero aísoche que sería un pracer inmenso poder contar coa túa presenza o Sabado na inaguración da forxa literaria da Solaina de Piloño.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar