Sen dúbida teño en Fidel Torreiro un importante fornecedor de imaxes e historias de Agolada. El leva, coma min, o amor por esta terra desde neno. Hoxe desde Madrid, ese amor vese incrementado pola morriña de non poder estar aquí todo o que quere.
Onte envioume esta foto, que xulgo que é a máis antiga que posuímos da praza. Basta ver o tipo de coches que hai aparcados baixo a sombra dos carballos. Un deles era o taxi do Ricardo. A foto posúea Fidel nun recorte dunha revista que non soubo identificar. Enviouma partida en dous anacos, que despois de pasar polo laboratorio do PhotoAdobeDeluxe quedou mínimamente presentable.
Nela podemos ver á parte dos coches antigos, os dous carballos da campa da feira, que escoltaban a fonte; o bar do Ricardo, a Casa do Dionisio, taberneiro e zapateiro; o palco e algunhas persoas inidentificables.
Ningún comentario:
Publicar un comentario