28 de xullo de 2007

PAZO DE MOAS (III)

Despois duns días de asueto retomo con calma este enredo de vos ofrecer os recantos esquecidos e ás veces ignorados de Agolada.
Nesta ocasión volvo a darlle un repaso ao Pazo de Moas (Brántega) ofrecéndovos unha imaxe do Pazo sacada desde o pórtico da Capela e o escudo de madeira que hai sobre a porta da Capela.
Na foto de abaixo, os tellados das cortes e das cabalerizas e o emparrado, vistos desde o corredor do Pazo e ollando a silueta empinada do Candeiro que baixa desde a Pena Maior cara a Brántega.

1 comentario: