Acudira moita xente. Organizárase una festa-mitin. Alí estaba Miro Casabella, Faíscas do Xiabre (este grupo de gaiteiros uniríase a Antón Seoane e Rodrigo Romaní para formar un dos grandes conxuntos do folk galego: Milladoiro) e outros que non lembro.
Estabamos a estrear democracia e a facer uso dos dereitos que durante tantos anos nos foran negados. A ponte aínda non se conseguiu. No seu lugar hai un transbordador que foi reformado hai pouco e con el vanse amañando. Un remendo para unha xusta reivindicación.
A foto é da miña autoría, feita cunha sinxela Werlisa, que foi a miña primeira cámara.
Naqueles tempos, fenosa, era o lobo feroz de Galicia, e creo que ainda o sigue sendo.
ResponderEliminarDaquelas aínda chegaban as novas de boca a boca a Dorvisou. Escoitaba falar da paixón do cura de Loño ao enfrentarse aos xigantes de Fenosa para defender os intereses dos lugareños e coido que rematou por irse, non sei se obrigado ou por vontade propia.
ResponderEliminarGraciñas por todo.Pouco a pouco imos voltando.
Saúde e terra, Manoliño.