13 de agosto de 2007

TITO E ENRIQUE

A foto ademais de amosarnos a xuventude de Tito (Laureano Otero Soengas) e de Enrique Vidal Fernández, cumple co cometido de ofrecernos un costume perdido: o de facer poxas á saída ou entrada na igrexa o día do santo. Poxábase por lacóns, galiñas... neste caso orellas de porco. Co recadado sufragábanse as misas do día. Na foto aparece a poxa feita en Buxel o día do Santo Anxo da Garda, un 5 de outubro de principios dos 60.
Cómpre lembrar que tamén existiron poxas por levar as andas do santo ou santa nunha procesión.
Con ser unha tradición, que eu teño presenciado en poucas ocasións, paréceme ben que se perdese pois non entendo a compatibilidade da fe co mercadeo.
A foto queda aí. O que ten a historia é que só se pode estudar, non cambiar. O que se pode cambiar é o presente e o futuro.

2 comentarios:

  1. Miña nai ten esta foto na casa e o que aparece na foto xunto a Tito non é Alfonso senón o seu irmán (e meu pai), Enrique. Un saúdo e grazas.

    ResponderEliminar
  2. Tes razón, porque meu pai (Tito), tamén ten esa foto na casa. É Enrique.

    ResponderEliminar