É un singular expoñente das fotalezas medievais que cómpre converter en patrimonio público. De aí a Marcha reivindicando a súa restauración e compra por parte da Xunta de Galicia.
Esta mesma semana estiven alí cun grupo de amigos e coma sempre quedamos á porta escoitando os ladridos do garda fiel das sólidas murallas, que asomaba a cabeza por unha das troneiras do castelo.
O castelo de Pambre está moi próximo a Ramil, no concello de Agolada e dista da capital municipal 17 Kms.
Sempre me gustou ese castelo e é unha verdadeira mágoa que non sexa de titularidade pública.
ResponderEliminar