28 de setembro de 2007

AVELINA E GONZALO, NAI E FILLO

Esta foto escaneada dun xornal recolle unha escena de finais dos anos 50. Avelina de Trabancas contempla ao seu fillo, Gonzalo, sentado sobre o capó do motor do vello autobús Diamond do Meixide. Tras eles os antigos rótulos que había no cruzamento das estradas indicando as direccións de Pontevedra e Lugo pola estrada Nacional 640. E baixo os rótulos un cartel que anuncia a película Lola la Piconera, protagonizada por Juanita Reina. Daquelas aínda funcionaba o Cinema Golada.
Gonzalo Barrio García conxuga perfectamente a historia dos pioneiros de Agolada: O Barrio do escribano fundador da feira e o García daquel asturiano industrial e Caldeireiro. E por riba todo o amor e devoción que profesa por esta terra que se agranda desde a distancia das terras fronteirizas do Baixo Miño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario