Nos últimos meses dous mozos de Santiago, Adrián Paz e Eleazar Álvarez, foron comisionados pola Xunta de Galicia para facer o catálogo fotográfico dos cruceiros e cruces dos concellos de Agolada e de Rodeiro. Desde ese momento pediron a miña axuda. E da mutua colaboración sairá un completo catálogo.
O cruceiro que hoxe vos presento é o único da parroquia de San Paio de Bais. Está no monte, xa case no límite cos lindeiros das fincas de Friufe. Agachado entre uns piñeiros, próximo a unha pista construída sobre un camiño antigo que conducía aos romeiros das terras da Ulloa cara O Corpiño ou ás xentes de Borraxeiros cara a feira do 26 en Brántega.
É unha cruz monolítica sobre un pedestal cúbico moldurado en bisel. Neste pedestal figura a seguinte inscrición: "Lo hizo José García de Bais, ? de Mayo 1915". Parece, por tanto, un cruceiro votivo.
Os brazos do cruceiro, de sección octogonal, remátanse en punta de diamante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario