Hai uns meses o amigo Ángel Utrera conseguiu algunhas fotos da primeira época da Banda de Música de Brántega. Publicounas no seu blog. As fotos foron cedidas por xentileza da Asociación Cultural "A Boutureira" de Brántega.
É certamente gratificante a tarefa de rescatar e divulgar estas imaxes que son a nosa historia recente ou non tan recente. Concretamente a imaxe de hoxe data de 1930. Sería moi interesante averiguar a identidade de cada un dos músicos e o lugar da foto.
Sorprende ver dezanove músicos e tan poucos instrumentos de madeira. Predomina o metal. Igualmente chama a atención o rapaz da esquerda, tan pequeno e a cargo da enorme tuba. Paradoxos da música.
De fondo unha casa labrega da época co seu emparrado e os seus muros de cachotería de esquistos.
Creo que conozco a unos,los dos primeros por parecido con sus hijos,y el tercero por ser como de la familia.El sexto sentado,empezando por la izquierda es Mosteiro de Orrea;el septimo Piñeiro de Baiña;el tercero de pie Soutiño de Baiña.
ResponderEliminarGrazas pola aportación dos nomes. Descubrir a identidade de todos e cada un dos músicos é unha maneira de rescatalos do esquecemento, de renderlles homenaxe e de reconstruír a nosa historia.
ResponderEliminarUn saúdo cordial.
Hola! O señor que está no medio con bigote e sen a gorra é Andrés Vilariño o meu bisavó. Nado en Muimenta. Voulle ensinar a foto á súa filla a ver se recoñece a alguén.
ResponderEliminarSaúdos e parabens polo blog
Bos dias a todos: O director de esta Banda, Andres Vilariño Porral, o meu avó, e a persoa que està no medio de pelo blanco e brazos cruzados.Cando de moi nena iba cos meus pais a Brantega, recordo aos músicos co meu avó. Hay unha peza que recordo o seu titulo composta por él " Pepa tocan á porta". Logo xa de maior, recordo algunhas vacacións cos entreamentos da Banda dirixida por Oro Val. Eran de noite, na casa da antiga escola, ensaiaban "O " Rolandito" e era emocionante no silencio da noite escoitar aqueles ensaios.
ResponderEliminarSe alguén recoñece a David do Coego e me dí en que lugar está´agradézollo pois era músico nesa época , meu tío favorito.
ResponderEliminarFoi nado en Carmoega, grazas.