No ano 1961, o fotógrafo francés Jean Dieuzaide percorreu algunhas zonas de Galicia. Visitou Palas de Rei un día de feira e deixounos a impronta daquel día en varias fotos publicadas anos máis tarde polo CGAI.
O compañeiro Jorge Vázquez, natural de Palas, cedeume o libro que ollei con moito entusiasmo e do que tomei prestadas algunhas fotos de verdadeiro interese.
Na foto que reproduzo vense algúns dos pendellos que aínda quedaban en Palas no ano 1961. Tiráronos todos e hoxe aínda o lamentan. Menos mal que lles quedan as imaxes de Jean Dieuzaide.
Eu sigo a preguntarme se haberá moitos agoladenses que queiran paras os nosos pendellos o mesmo camiño.
As fotos de Dieuzaide poceranse ver este ano en Galicia, creo que as trae a fundación Caixa Galicia. Na súa pa´xina web hai máis información.
ResponderEliminar