29 de setembro de 2007

CASA DA TORRE EN SA (BORRAXEIROS)

Foi restaurada recentemente, con gusto e con respecto. É unha das casas nobres que poboan o concello como acredita o propio nome, os perpiaños, as mochetas que soportan linteis, as cornixas en moldura de caveto, a tradición oral...
Está a un quilómetro do pazo de Borraxeiros, coma una galla da mesma póla e da mesma árbore. Hoxe é casa de vacacións para a familia propietaria e está acondicionada con todos os servizos e comodidades propios dos tempos que corremos.

1 comentario:

  1. Uff Ufff que ven o vou pasar eu neste blogue, co que me gusta a min a historia, a arquitectura... aqui ten unha afiliada

    ResponderEliminar