Houbo dous espazos na vila de Agolada que sen que ninguén o determinase se converteron en escenarios preferidos para facer fotos: a fonte da Praza e o prado do Fraga, á beira da estrada. A foto desta entrada está feita no segundo escenario. Nela aparecen varios mozos e mozas, de pé contra o muro de dobre ancho que pechaba o prado, e coa perna esquerda levantada cara adiante no ademán de bailar a popular canción de "La Yenka".
De esquerda a dereita: Daniel do Sidorio, Cris do Lamazares, Marita do Panadeiro, Pepe do Sidorio, Raquel do Prudencio, Toño do Antonino, Lupe do Víctor, Tilucha do Caldeireiro e Fausto do Caldeireiro.
imaxino que todas as aldeas, todos os pobos e todas as metrópoles terán eses sitios clásicos para as fotos. Quén sabe como será que collen ese rol pero ten que ser bonito velos como telón de personaxes distintos.
ResponderEliminarLa Yenka, manda carallo. E tamén o Kasakchó
ResponderEliminarSi señor, a yenka...Eu era máis do twist, pero recordo perfectamente a yenka.
ResponderEliminar¿E ti, cal ves sendo dos da foto?
Ningún deles. Eu son algo máis novo cós da foto. Eles son unha xeración anterior á miña, se ben eu lembro tamén a Yenka.
ResponderEliminar