Tense especulado arreo sobre a imposibilidade de encontrar aquí ferro debido a natureza granítica do chan. Ao parecer, o mineral de ferro non é característico dos solos graníticos e hai quen atribúe a presenza do ferro nesta zona á hipotética caída dun meteorito neste lugar. Iso explicaría que na actualidade sexa imposible encontrar mineral de ferro, unha vez que a ferrería esgotase a veta. Sen embargo existe un dato que ninguén aportou ata o de agora: a dous quilómetros da zona das escorias, en dirección á Ponte dos Cabalos, unha quenlla que baixa cara o río Arnego denomínase co topónimo "A Regueira do Ferro". Quizais se buscásemos aí poderiamos encontrar algunha explicación ao enigmático mineral. A toponimia convértese deste xeito nunha fonte imprescindible para analizar determinados feitos históricos, xeográficos, económicos, etc.
Ferreiroa, Ferreiroá, A Ferrería, Ferreirós, Ferramulín, etc. son topónimos de idéntica orixe. Aparecen esparexidos por boa parte da xeografía galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario