14 de setembro de 2007

PAISAXE NA ALDEA DO MONTE

A Aldea do Monte é un lugar que vive básicamente da agricultura e da gandería. Os campos que rodean as casas vanse poboando de vacas e ovellas segundo o día vai abrindo.
Unha mañá de sábado as ovellas de Juan pacían na sombra da primavera. Mentres eu facía a foto varios ollos examinaban con atención os meus movementos sen que eu tivese consciencia diso. Meses máis tarde nunha conversa cos veciños fun descubrindo que naquela aldea é difícil pasar de incógnito e menos baixo o disfraz ciclista.

1 comentario:

  1. autopistas, tren de alta velocidade, facenda...
    Como non van a desconfiar e ter medo.Millor que ates un pano da man ao casco :-)

    ResponderEliminar