21 de setembro de 2007

SOBRE A XUSTIZA

Onde hai pouca xustiza é un perigo ter razón. (Francisco de Quevedo).
¡Triste é a nosa época! É máis fácil desintegrar un átomo ca un prexuízo. (Albert Einstein).
A persoa xusta non é aquela que non comete ningunha inxustiza, senón a que podendo ser inxusta, non quere selo. (Menandro de Atenas).
Dádeme dúas liñas escritas a puño pola persoa máis honrada e atoparei nelas motivo para mandala ao cárcere. (Cardeal Richelieu).
Catro características corresponden ao xuíz: escoitar cortesmente, responder sabiamente, ponderar prudentemente e decidir imparcialmente. (Sócrates).
Cando unha persoa pide xustiza, é que quere que lle dean a razón. (Séneca).
Se queres a paz, loita pola xustiza. (Paulo VI).

1 comentario:

  1. Ai, a xustiza...é cega e así os gregos representaban a deusa da xustiza cos ollos vendados.

    ResponderEliminar