Para min, de neno non había outros cans ca estes e os de raza loba, así lles chamabamos. Forman parte dese álbum interior que vai impreso na memoria.
O can que hoxe vos amoso está preso na eira da casa dun amigo. Un día que fun visitar a seu pai recibiume cuns ladridos de alerta que en absoluto denotaban hostilidade, na miña tradución interpretei que chamaba polo amo. Namentres traducía tamén lle fixen fotos. Non había ninguén na casa, pero os amos acudiron desde o agro próximo ao comprobar que non deixaba de ladrar. Haberá mellor porteiro automático? Quizais o meu amigo se sorprenda de ver aquí o can da casa paterna cando consulte o blog desde Santiago. O que si lle demostra é que o AQUAM LATAM é unha auténtica bitácora do cotián e do permanente e que segue con ese labor inédito de contar e amosar os mil recantos de Agolada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario