11 de outubro de 2007

VALCAVADO - PUXALLOS

A xornada do domingo 7 de outubro en Puxallos estivo repleta de sorpresas. Algunhas delas xa estaban nas miñas anteriores visitas á aldea. Pero en ningunha das anteriores ocasións ía predisposto para mirar, limitárame a ver.
E así, na cima da aldea, dei con esta casa que é unha réplica depurada do estilo de Os Reboredo. Para ser precisos: a propietaria é filla dos Reboredo.

Todo un xardín-santuario para honrar aos peregrinos que aquí empezan a facer boca para dixerir 60 quilómetros máis adiante as excelencias do Obradoiro e do Pórtico da Gloria.
Columnas, pináculos esféricos, enreixados e os leóns rampantes gardando a entrada desta morada-congreso-museo-xardín. Balaústres, pórtico arcado, pías...
O xardín-museo vai desde o Camiño ata a casa.
Sobre o muro que dá ao camiño campean dous indicadores: o da Vía e o da propiedade da casa.
A casa está moi coidada e resolta con materiais de calidade. Anque algún elemento poida resultar extemporáneo, a min o que de verdade me chocou foi a aglomeración de detalles e a mestura que os anos foron sumando paulatinamente.



7 comentarios:

  1. Estou xa fascinado cos Reboredo e Cia. Parecen os nomes dunha saga propia dun gran serial televisivo.

    ResponderEliminar
  2. Tiven contacto con Ton van Vliet e este díxome que a semana que vén estara en Muimenta para dar unha charla.

    Saúdos desde Rotterdam, Paises Baixos.

    Manuel Vázquez
    (vazquez@planet.nl)

    ResponderEliminar
  3. Encantame abrir o teu blogue e descubrir cousiñas asi.

    ResponderEliminar
  4. Manuel Vázquez, polo comentario que me deixas deduzo que me coñeces e seguro que eu tamén a ti, pero non caio en quen podes ser e tesme intrigado.
    Xa estaba convocado por Alfonso Sucasas para facer a presentación de Ton von Vliet para o próximo sábado 20 en Muimenta. Moitas grazas polo aviso en calquera caso. E saúdos a Ton se o volves ver antes ca min.
    Saúdos tamén para ti.

    ResponderEliminar
  5. Non nos conocemos, pero si me gustaria.
    Prefiero mandarlle un email. Si me manda a sua direccion.
    Saudos,
    Manuel Vázquez

    ResponderEliminar
  6. Manuel Vázquez: Perdoa que tardase en ler o teu comentario. Aí vai o meu e-mail: mbusto@edu.xunta.es
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  7. olaaaaaaaaaaa esa é a miña casa quen publicou o artigo? moitas grazas, está precioso a verdade, impresionoume ver a miña casa na web, xa que recurrir a mirar porque tiña que buscar información para un traballo sobre o camiño de santiago, e mira con que me encontro, noraboa e grazas! o meu correo é yolanda_cr88@hotmail.com
    un sáudo

    ResponderEliminar