16 de outubro de 2007

PARTIDA DE DOMINÓ

O vindeiro sábado volverá ás terras de Deza, o amigo e fotógrafo holandés Ton von Vliet. A cita é o sábado ás 21:30 no Auditorio de Muimenta (Lalín), aldea que coñeceu e retratou hai trinta anos.
A foto que acompaña esta entrada foi feita en Agolada, cos protagonistas madurando a xogada diante do dominó. Pito, dóblome, paso, branca...dominó.
Á parte de captar o interese etnográfico e costumista do holandés Ton, a foto sírvenos para lembrar tres persoas desaparecidas, unha moi recentemente. De esquerda a dereita, Cambote de Friufe, Torreiro de Esperante e Balboa de Friufe, ¿?

2 comentarios:

  1. non coñezo tales, obvio porque, pero aledome de ir coñecendo agolada. pareceme unha foto entrañable, moi típica, gústame.

    ResponderEliminar
  2. En efecto, moitos "cerraron" xa a súa partida.

    ResponderEliminar