Son xa varias as fotos que levo publicadas da antiga praza da feira de Agolada. Con esta imos engadindo pezas para compoñer o puzzle dese pasado irrecuperable que nos prendeu nos afectos e na nostalxia.
A imaxe está escaneada de El Ideal Gallego, onde foi publicada nos anos 60. A foto pode ser anterior.
Como es capaz de facer para coñecer tantas cousas?
ResponderEliminarGrazas polas loanzas. Non fago nada especial. Consultar, buscar, compartir imaxes e textos. Revisar vellas carpetas con xornais, indagar en cen recantos e logo moita fe no que fago. Había que tecer unha Agolada virtual, xa que Agolada real váisenos apagando.
ResponderEliminarUn saúdo moi afectuoso, Fada Branca.