18 de novembro de 2007

BUXEL


Buxel é unha aldea da parroquia de Artoño. Esténdese desde a estrada de Melide ata as ribeiras do río Lentisco. O nome da aldea se é todo o transparente que se adiviña faría alusión á abundancia de buxos na zona.
Sofre o despoboamento que caracteriza ao resto do concello e os habitantes que permanecen dedícanse ás tarefas agrícolas e ao coidado do gando, especialmente vacún.
Esta aldea posúe un patrimonio extenso e variado. O castro presídea desde o alto, á beira da Ponte da Vila. Uns sartegos antromorfos nun prado, a carón da estrada que vai a Amance. A fervenza do Lentisco, os oito muíños do Lentisco, a capela do Santo Anxo da Garda, o cruceiro procesional, a igrexa parroquial de Santa Aia, dúas casas de orixe pacega, unha delas brasonada coas armas dos Varela de Traspenas, a outra con sólidos muros de perpiaño, e porta principal con arco de medio punto.
E toda a vizosidade da paisaxe, que olla cara o crespúsculo coa silueta da Pena Gundín rubricando o horizonte.

5 comentarios:

  1. voto tanto de menos galiza, grazas polas tuas fotos

    ResponderEliminar
  2. Na foto do cruceiro tívome un anaco ensimismada: as sombras longas do outono, i ese tono dourado dándolle á pedra vella, lévaronme lonxe, cara atrás, ainda que, se o medito mellor... nun tempo estático, no que a pedra, a a sombra e a luz, viven nelas mesmas, en sí mesmas, sin precisarnos nin a tí, nin a mín.
    Ainda non sei moi ben se me calma ou me desacouga.
    E... secadra non é a foto, senon a miña mirada.
    En todo caso, gracias pola emoción.

    ResponderEliminar
  3. a min gústanme os cruceiros. un saudo

    ResponderEliminar