8 de novembro de 2007

FIGUEIRA ENLADRILLADA

Hai unhas horas falaba cuns compañeiros do traballo dunha foto que aparece na web de A Voz de Galicia, na sección dedicada ao feísmo. A todos nos chamara a atención unha conífera que nacía por riba do tellado dun alpendre anexo a unha casa labrega. Eu faleilles desta figueira da foto e do ladrillo que a envolveu. Unha verdadeira chapuza.
Está nunha aldea de Agolada. A figueira leva ben anos en feliz convivencia co hórreo. Pero chegaron as máquinas para traballar o campo e o labrego precisaba poñelas a cuberto. O sitio era que nin pintado, pero cómo solucionar o problema da figueira que estorba para facer o caseto. ¡Feliz idea! Non cómpre tirar, só rodear, envolver. E así a vemos hoxe, nace no inetrior do alboio e o seu tronco retorcido sae á luz polo lateral do muro e intérnase no tellado de uralita para seguir estendendo a súa copa de sombras e de gallas espidas, segundo a estación, sobre o tellado e o camiño.
A imaxe da aldea idílica de hai 50 anos aínda se ve máis deturpada pola suma de ladrillo na casa do fondo e a maraña de cables e postes do tendido eléctrico. Así nos vai. Cómpre desterrar a sinonimia aldea-trapallada e poñer coto á desfeita do patrimonio arquitectónico popular.

13 comentarios:

  1. Xa cumplín co seu encargo espero que le guste como quedou, xa me dirá

    ResponderEliminar
  2. Imaxinación non lle faltou ao paisano, jeje.
    Coido que hai unhas dúas xeneracións medios perdidas, esperemos que no futuro a xente teña outros ideais en canto ao entorno. Aínda lembro como meu avó lle cortaba as plantas do xardin a minha nai, aquelo parecíalle pouco proveito para a terra.
    Hai que recuperar esa poesía para á terra.

    ResponderEliminar
  3. Certamente da "repelús" observar que case non queda aldea sin os pegotes de ladrillo. Palleiras, alpendres, engadidos varios...
    Vou deixar de comentar eso e recrearme na foto que puxeches da fervenza do Lentisco.

    ResponderEliminar
  4. Sodes uns desagradecidos, ho! O paisano respectou a figueira e vós aínda vos queixades. Co traballiño que lle daría poñer así os tixolos, e cos merlos facéndolle das súas sobre a cabeza mentres os poñía...

    E dígovos outra cousa: hai por aí cousas feitas por expertos que non se quedan atrás. Non sei se me gusta máis esta obra de arte ou o paredón de cristal que lle espetaron ó mosteiro de Ribas de Sil.

    ResponderEliminar
  5. Se vos fixades ben, veredes que a figueira,con toda a súa ramallada, vai a xogo co poste da luz que se ve por detrás, que tamén ten a súa ramallada (ou cableada)

    ResponderEliminar
  6. A eso chámase aproveitar o espacio. Claro que a figueira ningúen lle pediu opinión.

    ResponderEliminar
  7. Pois eu recreeime un anaco coa foto. Home, teño que decirche que é unha fotografía das boas na rama do feismo, que levo moitas vistas por a rede, e mesmo as da miña colección particular... (que debo ser un pouco masoca porque vánseme os ollos cara ás desfeitas, é como se acenderan un facho diretamente ós meus ollos é ainda que me fire, eu miro e remiro) E non me funciona o conto ese "da desensibilización a base de contacto", porque me segue a doer... pero sí que me empeza a espertar unha especie de compaixon, de solidaridade cos que levantaron semexantes fantoches, remendos, e adosados varios, ainda que namais nunha circunstancia: cando vexo a necesidade e a pobreza detrás do conto. Todos temos dereito a vivir na nosa casa cómodos e quentes... é as veces de donde non hai non se pode quitar. Asi que cerran o lavadoiro con 4 ladrillos, amplían a cociña da vella casiña de pedra co que result mais barato... ou fan un cuberto para a ferramenta pero dalles pena cortar a figueiriña... se o horreo está o pobre que xa case non se ten en pe!... pois eses arranxos coma os da tua fotografía fanme sentir unha mestura de rabia e compasión, coma cando ves nenos desnutridos... o fín sei que todo ven da ignorancia ou da pobreza... O que me quenta de veras e mesmo fai sair o demo que teño dentro son as desfeitas que se fan para gañar cartos, para enriquecerse sin importar levar por diante o que sexa, ou levantar edificios de apartamentos sen respectar o entorno co a connivencia dos que teñen que facer os informes e aprobar os plans... eso sí que me da carraxe!!
    Isto da figueira dame pena, coma os ollos dos emigrantes dos 60 nas fotos de Manuel Ferrol

    ResponderEliminar
  8. A necesidade agudiza o inxenio. Coincido con Suso en que era outra posible solución, así nin se tala nin se deixa de facer a obra, e ben para todos. En realidade, se se pensa ben, vai cos tempos, é un ocupa ou incluso un arrendamento en precario.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  9. Hai en Arbo unha videira vella que sae polo medio dun muro de pedra.
    Foi o mesmo caso pero muitos anos antes e con distinta solución, obviamente.

    ResponderEliminar
  10. por fin, manolo, por fin falei do med(i)o. e esa foto é unha viva imaxe de conservación da biodiversidade sen atrancar o que a maior parte do mundo mundial chama progreso (tixolos ao cubo elevados á enésima potencia)alédome de que siga dando figos, aínda que os haxa que recoller dende a fiestra.
    unha aperta

    ResponderEliminar
  11. Hola busto, grazas polo teu comentario, aledome de que che gustara o meme que fixen, seu que o posteei o xoves pero onde veume a inspiración e escribín algo novo, espero que che guste tamén e que me deas a tua sincera opinión, e si, adiantandome, os ollos son os meus ainda que de fai un tempiño

    ResponderEliminar
  12. A foto sería abraiante se non estiveramos tan afeitos a cousas desta caste.
    Xente coma a que fai isto é de onde saen os nosos políticos, e así temos os 'proxectos emblemáticos' que temos no país.

    ResponderEliminar
  13. Dorvisou dixit:
    "creo que hai dúas xeracións medio perdidas" a cales te refieres???: á túa?. Non se debe xeralizar!!!!.
    SOLUCIÓNS:
    O paisano que deixa logo a ferramenta ao sol e á auga (se algún día vai chover).
    Corta a figueira???
    Leva a ferramenta á palleira doutro veciño/a?
    (...)
    ISTO É DE CINE!!! CANTAS BURRADAS SE DIN!

    ResponderEliminar