10 de novembro de 2007

REITORAL DE BORRAXEIROS


Desde a Idade Media ata ben entrado o século XX, Borraxeiros foi a cabeza reitora do territorio que hoxe ocupa o concello de Agolada. Desde o antigo castelo, primeiro e despois desde o pazo, o conde de Borraxeiros exerceu o seu señorío sobre persoas e facendas.
A igrexa ten nesta parroquia tamén o mellor expoñente de casa reitoral, con aire pacego, recio edificio e sólida cheminea con gárgolas de tubo e pináculos no remate. Foi restaurada hai uns anos e segue ocupada na actualidade, primeira garantía para a súa conservación.
Na foto superior, tras o ciprés, destaca o perfil do castro Marcelín no horizonte.


5 comentarios:

  1. As veces páraste a pensar como sería a vida de señorío naquela época.

    ResponderEliminar
  2. Hermosota la casa rectoral... y menos mal que la iglesia no la abandonó como otras muchas, quizá no tan ricas, pero sí dignas de ser conservadas.
    ¿el heredero del pazo de Borraxeiros no iba a hacer de él una casa para turismo rural?

    ResponderEliminar
  3. dende aí débese ver unha gran vista

    ResponderEliminar
  4. Encantame pasar por aquí, e ver o que ti ves. Saludos.

    ResponderEliminar
  5. Bonita estampa... O Señor de Borraxeiros debeu disfrutar moito da zona. Claro que despois de que Juan Antonio Salgado se casa con Inés de Aballe y Acuña, herdeira do Señorío de Parada de Amoeiro, o 12 de marzo de 1642, xa tivo que combinar as terras de Parada coas de Borraxeiros.

    ResponderEliminar