21 de novembro de 2007

PRIMEIRAS COMUÑÓNS E FOTO DIANTE DAS ESCOLAS

É unha foto típica e clásica da época á que pertence: finais dos anos 50. Era o día das primeiras comuñóns e á saída da misa na capela das Virtudes (a igrexa aínda tardaría tres ou catro anos en inaugurarse) foron inmortalizar a data facendo unha foto no patio que quedaba entre as dúas escolas, a das nenas e a dos nenos. A bandeira (que non ondeaba ao vento) ao fondo. Que relación haberá entre bandeira e primeira comuñón? Era un ritual, non unha idea.
Pola esquerda distingo ao mestre D. Jesús García, do Caldeireiro, ao crego de Agolada, D. Manuel Martínez e na parte dereita ao mestre D. Ulrico Sarandeses, traxeado e á señora Consuelo do Caldeireiro. Os nenos son os que agora teñen arredor dos sesenta anos. Botade contas e descubriredes a alguén coñecido.

5 comentarios:

  1. E eu que fixen a miña con outras dúas nenas mais, e a miña nai xa lle parecian moitas

    ResponderEliminar
  2. menudas costumes. antes tiñas unhos traxeciños.......... un saudo

    ResponderEliminar
  3. Tí o dis: era un ritual, non unha idea.

    Alguén dí por ahí o dos traxes. Aínda bo é que levaban traxe branco, pode que algunha delas levase o da prima ou o da irmá... Non esquezamos que non quedaba tan lonxe en anos "a cartilla de racionamiento"...

    ResponderEliminar