30 de decembro de 2007

BRÉTEMA COMO NEVE


Hai disto case dous anos, un día preto do solpor. A brétema pousara sobre a Serra do Faro, horizonte natural no surleste de Agolada e Rodeiro. Semellaba unha espesa capa de neve esvarando desde o cumio cara ás valgadas. Pareceume unha imaxe inusual que eu nunca antes vira e aquí vola deixo. Virei o obxectivo da cámara cara o leste e no Farelo unha longa man de néboa parecía que aloumiñaba a aba da montaña. Era o momento no que comezaba a vestir o seu branco pucho anunciador das chuvias fecundas, ao ditado do vello refrán: "Pon o pucho o Farelo, auga no pelo".

3 comentarios:

  1. Parabens por esas fermosas fotos e que teñas un bon 2mil8.

    ResponderEliminar
  2. Máis: néboa no Farelo, xente ao cortello.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  3. Encántame esa Galiza. Estas fotos secuentran a minha vontade de seguir vivindo lonxe dela...millor será que vaia dar un paseo :-)

    ResponderEliminar