31 de decembro de 2007

BRÉTEMAS E FUMES

O 30 de decembro amenceu cuberto por unha inmensa nube densa e grisalla e coa brétema pousada sobre os vales e regueiros. Esa miña afección de percorrer o mundo en bicicleta levoume novamente pola Pena Maior, excelente mirador que domina as terras ribeireñas do Ulla e acada unha ampla panorámica da provincia de A Coruña. E tíñame reservadas estas sorpresas que aquí vos amoso.
A columna de fume que se observa ao lonxe é o bafo quente que expulsa a enorme cheminea da central térmica de Meirama (segundo o mapa está a 56 kms. en liña recta). Conseguín aproximala cun obxectivo 340 mm. Téñoa visto moitas veces máis, pero nunca coma hoxe. O fume rubía ata o teito de chumbo do ceo e alí, coma un enorme trade, abría un círculo de luz que franqueaba o paso do sol e iluminaba o torso barroco e gasoso da impresionante fumareda.
Causa mágoa saber que o espectáculo visual vai acompañado da certeza da contaminación atmosférica con xofres causantes da choiva aceda. Consola saber que xa ten prazo fixado para pechar definitivamente. Daquela haberá de pousar a néboa de vez en cando sobre o enorme lago artificial que ocupará a poza que deixou baleira o lignito.

6 comentarios:

  1. As fotos encántanme. E ti tranquilo, non comin moito turrón. Moitos saúsçdos. AHH DIXÉRONME QUE TAL VEZ VAI VOLVER ABRIR O CONSERVATORIO DE FOLQUE pero con outros mestres, senón hai cursos. Moitos saudos

    ResponderEliminar
  2. Fermosas fotos, e como lituxicamente xa é día 1, feliz día de San Manuel.

    ResponderEliminar
  3. Excelente captura, ainda que o fume proveña de onde provén...

    Un pracer ter atopado o a tua xanela e, a través dela a ti.
    Saúde e Ledicia para o novo ano (e bo día de San Manuel)!
    Unha aperta dende Antas

    ResponderEliminar
  4. Feliz 2008, a pesar dos pesares.

    ResponderEliminar
  5. Que pases un bo resto de san Manuel e que nos sigas agasallando con fermosas fotos.

    ResponderEliminar
  6. Pouca xente conta con esa maxia de denuncialas cousas con tanto tino. Boa prosa, boas fotos, grande catástrofe...
    Saúde e terra.

    ResponderEliminar