1 de xaneiro de 2008

O LIXO QUE PADECEMOS PORQUE O PRODUCIMOS

A ninguén lle vou descubrir nada novo ao dicir que a ecoloxía, o coidado do medio no que vivimos é unha das principais asignaturas pendentes que debemos tratar de aprobar.
Onte visitei o encoro de Portodemouros, que vai fraco de augas e que deixou ao descuberto evidencias para a nosa vergonza.
Poucos días antes en Cadrón de Lalín, na terra do amigo X.L. Sucasas, á beira da estrada local que vai a Lamas, observei o que recollo na foto superior, unha escena pouco vista e que se debera prodigar por moitos máis lugares. Fala en positivo ao lle pór remedio á ignorancia e descoido dos que anteriormente tiraran todo ese lixo no monte colindante coa estrada.
No futuro cando teñan que estudar a nosa "civilización" non lles faltarán argumentos para denominala a Civilización da Merda (con perdón).
As fotos que vos presento son só un pequeno exemplo do que hai no fondo do encoro... e o que non se podía ver por estar soterrado baixo a lama mesta que se acumula por toneladas.
O que se ve na foto da esquerda semella unha canastra de baloncesto.

Nesta outra foto descubrín sobre o leito do Arnego o esquelete dun coche (as catro rodas son a parte máis recoñecible).
Non faltan as rodas de tractor, das grandes e das pequenas.
E unha cociña de butano.
Para min non cabe ningunha dúbida, moi pronto teremos que lle buscar solucións ao tratamento do lixo e ao consumo excesivo que o xera. E aprender que os cursos de auga son un ben patrimonial cada vez máis escaso e enormemente valioso.

6 comentarios:

  1. No encoro de Zamáns en Vigo, din que está cheo de coches roubados.
    O que é mágoa é que non só os cacos botan lixo por aí adiante.

    ResponderEliminar
  2. Hola, ti coma sempre xenial, aqui me tes de novo despOis destaS vacaciónS que tanta falta me facian, bueno, ainda o estou por marcho mañá, pero bueno... bicos

    ResponderEliminar
  3. É incrible o que tira a xente por aí. Penoso.

    ResponderEliminar
  4. Eu penso que nós xa non temos remendo, non seríamos quen de limpar o que "cagamos". Agora ben, algo teríamos que facer polas vindeiras xeneracións. O problema é como trasmitir uns valores que aínda non enraizaron en nós. Eiquí, todo se fai por decreto e xa estamos un pouco cansos de que todo aquelo que tiña que ser unha virtude moral da xente de boa vontade se convirta nunha proibición que nen se castiga.

    ResponderEliminar
  5. Sempre me provoca tristura cando vexo o que hoxe denuncias, e o caso é que todos enluxamos máis da conta...temos que concienciar e concienciar(nos).

    ResponderEliminar
  6. Gústame moito a reflexión que fai sobre este tema Suso de Toro no libro Conversas con Suso de Toro, Antonio Pedrós-Gascón (Xeráis). «Hoxe témonos transformado esencialmente en fabricantes de lixo, debemos facer un quilo por persoa ao día. iso é debido a que xa non somos traballadores, creadores, senón consumidores. O rasto que deixamos non é o que fabricamos senón o que consumimos, e os restos do consumo».

    ResponderEliminar