No meu campo de labor
coloquei un espantallo,
con roupas vellas vestido
para asustar aos paxaros.
Semella un pobre mendigo
de madeiros e farrapos.
Coida atento da horta
sen pasar ningún traballo,
non protesta nin sabe de folgas,
tampouco cobra salario.
Nunca lle pido contas
de merlos nin maceiraos,
el gobérnase ao seu xeito,
non é cuestión de molestalo.
Ás veces converso con el
e sempre escoita calado.
Endexamais considerei
se é útil ou innecesario,
paréceme que a súa estampa
nunha esquina, onda o valado,
fai o lugar máis ameno
e ponlle interese a aquel campo.
O espantallo da foto superior foi captado por Ton van Vliet en 1979 en A Lagoa e o da foto inferior estaba en Merlín (Agolada) o pasado domingo 30 de decembro.
As fotos son un bo exemplo de como cambian os tempos.
ResponderEliminarAgora xa case non se ben espantallos, ou mecos (como lle chaman pola miña zona), pero antes poníanse moitos nas leiras, nas viñas, na horta, na figueira.
Apertas.
Quen che dira a xente de antes a roupa que agora levan os espantallos. Tamén poñen cd's.
ResponderEliminarA máis elaborada manufactura do segundo case pode meter un medo de carallo a primeira vista.
ResponderEliminarTal e como di Suso Lista, por aquí ultimamente deu por pendurar CD's e cintas semellantes ás do Nadal. Dan resultado. Eu probei este ano cunha pequena cerdeira que sempre me deixaban pelada os merlos...
Nós tamém probamos cun cd nunha cerdeira que os paxaros deixaban limpa e funcionou.
ResponderEliminaros paxaros de agora sonche moi espilidos, antes bastaba cun espantallo. hoxe só no primeiro momento vale, xa que axiña se decatan de que son inofensivos e regresan ao seu labor de deixar limpas de froito as plantas.os meus avós tiñan que amenizar as imaxes con banda sonora, co son de campás, ruídos varios e demais porque senón o método xa non era efectivo.
ResponderEliminarbeatriz (toxomar)
Non sei por qué, pero sempre gostei moito dos espantallos.
ResponderEliminarFeliz Ano Novo!!!.
ResponderEliminarMoi agradecida pola visita e polos alouminhos, volta sempre que gustes.
Unha aperta.
:)
Este ano temos pensado facer un bonito como un sol. xa veredes.
ResponderEliminarEste ano temos pensado facer un bonito como un sol. xa veredes.
ResponderEliminarmiña avoa, a falla de espantallos con corpo case humano, empregaba cintas e teas de cores por tódala horta. Non che sei se os paxaros sentiron medo algunha vez, pero o que son eu, sentíame fascinada con esas cores e as danzas que coreografaba o vento.
ResponderEliminar