Brocos vivía hai menos de 2.000 anos no outeiriño da foto superior, abrigado por parapetos e terrapléns. Alí, no castro tiñan as súas casas e facendas, que abandonaron durante a dominación romana para buscar asento nos vales. Apenas queda del máis que un debuxo na paisaxe. O que colocou alí o depósito da auga nada sabía da cultura castrexa nin da historia da primitiva aldea. Non lle faltou sensibilidade, faltoulle información.
A vella aldea de O Marquesado é outra reliquia arqueolóxica de muros derruídos e valados. As casas do lugar e ao fondo a igrexa parroquial pereceron hai case cincuenta anos, anegadas baixo as augas xunguidas do Ulla e o Arnego. A aldea sufriu daquelas un segundo éxodo obrigada polas circunstancias que a historia vai tecendo contra as vontades de moitas persoas.
Neste lugar de O Marquesado, nome que lembra un título nobiliario a cabalo da historia e a lenda, podíanse ver antes da inundación dous marcos separados entre si uns corenta metros, coa seguinte inscrición: "1604 SALTO DE DON ANTONIO FREIRE SEÑOR DE SOBRADO".
A tradición asegura que o tal don Antonio Freire, que coa súa esposa dona Xenebra de Aro aparece metido en pleitos co arcebispo de Santiago en 1598, gañou o marquesado de Brocos neste lugar e cunha aposta. Posuía o título e os seus dereitos o señor de Sesto, don Álvaro Ordóñez, e apostounos con don Antonio Freire ao que hoxe chamariamos un "salto de lonxitude" a cabalo. A distancia entre os dous marcos devanditos é a que acadou o noso xinete nunha fazaña realmente olímpica, documentada pola inscrición para perpetua lembranza... Álvarez Carballino recolle esta lenda nas súas "Tradiciones Gallegas" (Galicia Diplomática, ns. 16-17, ano 1893).
Recollido en A Comarca do Deza, Armando Vázquez Crespo, Daniel González Alén.
A laboura de Armando é Daniel sobor da comarca do Deza tampouco ten prezo. En canto a quen colocou o depósito da auga pode que teñas razón pero ti sabes moi ben que tamén moito pasotismo.
ResponderEliminarUnha aperta, meu amigo
Me gustan esas anécdotas históricas como ese SALTO DE DON ANTONIO FREIRE SEÑOR DE SOBRADO.
ResponderEliminarTerminarás siendo uno de los que más conocimientos tenga de tu comarca :-)
Si señor era nese sitio o que che dixen. E ademais eu fun ao poboado. Pódese pasar ata aló. Ata hai un forno. As fotos están chulísimas. Moitos saúdos.
ResponderEliminarCarallo, pois si que saltaba ben o cabalo ese.
ResponderEliminarEse cabalo bebera Red Bull polo menos.
ResponderEliminarGrazas Manolo. Xa era hora de que alguén nos puxera na rede.
ResponderEliminaro de sempre.
Non sei quen será mais ignorante, MAnolo, o que carece de informaciòn porque non ten acceso a ela, o ben o que tenla pero a garda para si, porque non quere que os demais saiban tanto como él....
ResponderEliminarIgnorantes de corazon de pedra, na longa noite do tempo da miseria, a ignonimia e o oprobio do pobo sumiso, mala xente que camiña e infesta a nosa terra.