Parece que as obras empezarán nos primeiros meses deste ano. Creo que é un momento importante para esta vila depauperada. Reservo o momento de expresar a ledicia plena ata ver as obras inciadas.
Namentres tráiovos estas imaxes de dous hórreos de moi boa factura e que presentan algúns elementos curiosos. Os dous están no Castelo (Lalín), preto de Agolada. O da foto superior data dos anos cincuenta e o seu autor foi o excelente canteiro de A Costa (Ferreiroa), Manuel do Campo. Os remates representan unha escena de caza. A escopeta á parte de apuntar a unha ave, olla cara o castro Marcelín que aparece no horizonte. A bandeira galega e a española campean nos seus costados, complementados por unha mestura de formas e cores. Non deixa de ser unha forma diferente de expresar o feísmo.
O hórreo da foto inferior é moi recente, de nova factura. Nel sorprende unicamente a porta vidreira. De boa madeira, pero non casa co tradicional.
O hórreo da foto inferior é moi recente, de nova factura. Nel sorprende unicamente a porta vidreira. De boa madeira, pero non casa co tradicional.
A porta do hórreo de abaixo debeu ser sacada do salón da casa. E aínda han dicir que os galegos non reciclamos...
ResponderEliminarAléndome moito. Moitos saúdos.
ResponderEliminarNa minha zona son cabozos. Fermosos por certo.
ResponderEliminarUnha aperta.
:)
Mágoa da pintura do primeiro. É un magnífico exemplar da nosa zona, si señor. Boa cantería e moi fermosa factura. O remate do cazador xa o teño visto eu en algún exemplar en Taboada e creo que ti xa amosaches outro con idéntica representación. Da idea da afición pola caza que tiña o constructor ou o dono do hórreo.
ResponderEliminarO da porta do salón...que lle imos dicir!
Saúdos
DABA PENA TIRAR A PORTA DO SALON NON?
ResponderEliminarAlgunha pequeña znfonista foiche co conto non?? bicos
ResponderEliminarNon ten nada que ver un hórro co outro, o segundo é ben feo, e a porta, xa non digo nada. Tirade con él e poñede unha estatua do Botero.
ResponderEliminartodos os cartos que se destinen a recuperar o pasado que da sentido ao presente, son cartos ben investidos, claro que si.
ResponderEliminar