25 de xaneiro de 2008

A MEIGA DE BRÁNTEGA

Conta a miña avoa que en Brántega, concello de Agolada (Pontevedra), uns mozos foron a unha festa que había preto da aldea e ao voltar para a casa, ben pasadas as dez da noite, aparecéuselles unha meiga que tirou a un deles por un barranco. Os outros mozos, que quixeron reaccionar, víronse tamén sorprendidos polos poderes da muller, que os botou a outro covo. Ao parecer, un deles logrou saír do burato e foi en busca dos seus irmáns. Formado un grupo para rescatalos, encontráronos axiña, pero un dos rapaces tiña a roupa toda esganifada e o outro estaba rabuñado en brazos e cara.Xa na casa, de madrugada e repostos do susto, as súas irmás pregutáronlles que lles pasara e eles relataron polo miúdo todo o sucedido. Loxicamente, ninguén os creu. Mais uns días despois, uns veciños tiveron outro encontro coa misteriosa meiga e o desenlace foi exactamente o mesmo. E é que en Brántega, habela, haina; falamos da meiga, xa ora. [Texto elaborado por Alba Fernández Otero, de Brántega, Agolada (Pontevedra)].
Lenda recollida en www.galiciaencantada.com (Ilustración de Noemí López).

2 comentarios: