F. gozou do seu momento feliz sobre as pedras cabaladas. Cunha lixeira carga foi quen de as abalar cos horizontes do Faro por testemuñas.
P. adentrouse no ventre do rochedo de Currodeguas para reptar polos pasadizos que hai entre as coviñas.
Currodeguas é unha mole fendida por diaclasas e labrada polos ventos. Á súa beira acollíanse no curro as bestas e o gando mostrenco no pasado.
Algunhas covas albergan sorpresas desagradables: unha mesa metálica, restos de botellas e botes e pegadas dunha fogueira.
Un gran dogo pétreo garda o curro polo oeste.
A outra cara deste monte mítico, Summio lle dicían os romanos: as tarabelas do parque eólico e o tráfico polas pistas abertas recentemente, restáronlle mérito e encanto.
A lúa asomou tras as aspas para saudar e despedirnos.
O ruído dos quads no circuíto recentemente aberto preto do coto Asobrado, varios quilómetros máis abaixo, estivo presente connosco boa parte da tarde.
O Farelo é un monte con atractivos, pero menos.
Unha foto preciosa , omoustro gustanos menos.
ResponderEliminarAs fotos son mois chulas pero vivilo en vivo e aínda mais fermoso, non?'?
ResponderEliminarRecoñezo varios dos lugares que amosas nas fotos (compartimos teito por cardinais opostos); pero na que amosas os restos de lixo - que dito sexa de camiño, manda moito carallo- non atino a ubicala.
ResponderEliminarSaúdos
Tamén os meus parabéns para ti por compartir cos rapaces tantas inquedanzas. E digo tamén porque veño de ollar as iniciativas de Gago cos nenos e fai uns días no blog de Sechu contábanos outras.
ResponderEliminar