Onde hai auga, ese ben tan escaso, hai vida. Entre Parada e Gurgueiro un camiño de prata líquida baixa manseliño e ondulante. Pouco antes de chegar á Ponte dos Cabalos ábrese en dúas gallas e abraza unha insua plena de vida e fermosura. A paz e a calma habitan entre os carballos e as ninfas anainan soños e paxaros velaugarridos do Arnego.
A insua semella a enorme nave dunha catedral. Os carballos forman unha columnata gótica en altura e barroca na curvatura das pólas. O río forma as naves laterais e o deambulatorio. A rústica pontella, que une a insua coas terras da ribeira, dá acceso ao pórtico románico da gloria natural.
Na foto superior aparece a cabeceira da insua, onde o río se bifurca e se represa, na central ollamos a lomba amesetada da insua desde os prados de Parada e na de abaixo observamos a entrada á insua, a pontella e os dous canais que desde ambos lados chegan para fundírense definitivamente nun só.
As insuas dos ríos son outros lugares que estimulan a imaxinación.
ResponderEliminarTerán dono ou serán propiedade do río ?. Sempre tiven esa dúbida.
Qué lugares máis fermosos!! Non sei se tes máis sorte por telos cerca o por fixarte neles, porque tamén hai que saber mirar.
ResponderEliminarSi, que ben sabes mirar e que ben o describes!
ResponderEliminarVou satisfacer a curiosidade de Paideleo, a insua dos Cabalos é propiedade privada, está unida por unha pontella cun prado, ambas propiedades pertencentes á denominada Casa das Pedras de Parada (Lalín).
ResponderEliminarGrazas a Silvana e ao anónimo que loades o meu xeito de mirar e describir. Tamén hai moita beleza no voso xeito de o apreciar.
Apertas.
Compre ter sensibilidade para ver catedrales na naturaleza, mesmo con estilos definidos :-)
ResponderEliminarEu tamén coñezo unha illa de río, na provincia de Lugo, e tamén ten dono. E tamén é unha paisaxe impregnada de maxia, pero non é inquedante, se non todo o contrario, chea de paz.
Miro estas fotos tuas e pegan ganas de ir porse ahí mismiño, mirar óredor e respirar amodiño.
Este post non o deberían ver os meus ollos nestas horas da mañán. Precioso amalgama de sensibilidade e fermosura.
ResponderEliminar