17 de febreiro de 2008

UNHA DE CAL E OUTRA DE AREA

O periplo que me levou hai dúas semanas por terras santisianas e melidenses deixoume un álbum de impresións semellante a un taboleiro de xadrez: brancas e negras, cal e area.
Das negras quérovos falar hoxe.
Diante da igrexa de San Cosme de Abeancos, un imponente obelisco da modernidade (columna de formigón coroada por depósito de fibrocemento) érguese como monumento á sinrazón e ao feísmo.
Concello de Santiso, aldea de Sampaio. O primeiro que se observa ao entrar no lugar é outro enorme depósito verde, este de fibra de vidro, sobre elevada columna de formigón.
Aldea de Vimianzo. Pés dun hórreo desmontado, que agora se empregan como mesado de xardín no exterior dunha vivenda convencional.
Aldea de Leboreiro (Melide), enclave moi destacado no Camiño de Santiago. No recinto dunha casa con merendeiro para peregrinos, preténdese adornar o conxunto con esta suma de elementos, anárquica e disparatada.
Aldea de Furelos (Melide). Importantísimo punto do Camiño. Desde a ponte medieval pode verse nunha horta inmediata esta caixa de camión como alpendre auxiliar da horta.
Mesma aldea de Furelos, diante da igrexa. Igrexa, cruceiro e ciprés forman un conxunto de indubidable atractivo. A maraña de cables e o poste afean notablemente o lugar para asombro e abraio de peregrinos e visitantes.
Creo que no Camiño de Santiago tamén deberan coidar destes detalles, non só coidar das fachadas das casas. Aquí urxe un cableado soterrado e unha mellor ubicación do poste do alumeado.

4 comentarios:

  1. A ver si pouco a pouco nos vamos concienciando todos deste problema do feismo e somos capaces de ir erradicándoo.
    Grazas polo teu interese.

    ResponderEliminar
  2. Feismo e feísimo. Eu tamén agardo a concienciación colectiva deste alarde de tolemia.
    Parece que as autoridades competentes van tomando cartas no asunto, pero non abonda; temos que tomalo máis en serio todos.

    (Todas as fotos coméntanse solas pero, por engadir algo, o do cableado é de auténtico pavor. Semella incrible que a mínima modernidade non é quén de conxugarse a estas alturas co arte e coa natureza. E despois tantos estudos de impacto medioambiental que se fan...)

    ResponderEliminar
  3. que peniña. Non por velo de cote nos damos acostumbrado.
    A foto que me deixou desconcertada é esa decoración no recinto dunha casa con merendeiro para peregrinos...! ¿en serio?

    Podo pillarche a foto?

    ResponderEliminar
  4. Zeltia, iso nin se pregunta. Grazas a todos. E qué pena dá ver como arruinamos este noso país tan fermoso.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar