Alí, un abellón libando de flor en flor, enredoume e ocupoume por uns momentos para conseguir atrapalo coa cámara. Non pensaba entonces que o amigo Chousa da Alcandra fose tratar tan ben o tema no seu blog. A el vai dedicada merecidamente esta entrada co agarmino de veciño que habita alén do Farelo.
O narciso silvestre (narcissus pseudonarcissus), ao que xa teño dedicado un artigo neste mesmo blog, coñéceselle aquí co nome vulgar de "calzas de cuco".
Graciñas polo agasallo!
ResponderEliminarAsegúroche que eu andiven un bo anaco tamén detrás dun abellón que andaba na zona onde, finalmente, puide capturar a abella que puxen no post.
Certamente andan desnortados os animais e a propia flora. Hoxe pasei por diante do Colexio novamente e, os mesmo pétalos que onte eran libados con fruición por centos de abellas, estaban estrados polo chan...
Unha aperta
Fermosas fotos.
ResponderEliminarA cousa é que agora temos varias primaveras, esta é a primeira, pero logo voltarán as xeadas e o inverno, e alá por Maio virá a segunda, cousas do cambio climático?
apertas.
Gustáronme as calzas do cuco.
ResponderEliminarTamén se aprende contigo.
Moi fermosas estas fotos. Estou con Rifo ¿será o cambio climático? Parece que todo se adianta o seu tempo.
ResponderEliminarUn saúdo.
O entusiasmo do abellón ten unhas connotacións erotica-festivas moi da eterna primaveira. Si señor. Moi boa captura en plena natura :-)
ResponderEliminarBonitas fotos, é verdade, o que se aprende observando as abellas. Bicos
ResponderEliminarSon fermosos os Narcisos, e amarelos máis...
ResponderEliminarUnha aperta chea de cor.
:)
Escríbeme a marinha.allegue@gmail.com e mándoche a música para que a poidas escoitar.
ResponderEliminar:)
Gústame moito aprender cousas da natureza. As floriñas silvestres son un laciño que a terra se pon para estar mais fermosa ainda, aypordios que cursilona me puxen, pero da igual, gustanme e nada mais. As silvestres teñen un algo que non teñen as cultivadas, por moita fermosura que teñan. Vas andando por calquera camiño e á beiriña ay ducias de flores distintas, tan sinxeliñas unhas e tan atrevidas outras... gustaríame aprender os nomes de todas elas, non sei por qué, parece afán de coleccionismo, coleccionar nomes ou qué?, pode que no diván soubese de onde me ven esa querencia ós camiños, ás fontes, ás floriñas silvestres...
ResponderEliminarGracias porque sempre me paga a pena vir visitar esta ventana da golada. E, claro, volvoche coller cousas e levalas por ahí, coma o abellón, deixando migallas túas
bicos.
bueno ese "ay" laiado no medio do meu texto non sei que fai... mmm... bueh un adorniño!
ResponderEliminar