1 de maio de 2008

CRUCEIROS DE FRIUFE

O camiño que ía desde Agolada a Brántega pasando pola parroquia de Merlín contou no pasado con sete cruceiros, dos que seis seguen en pé. Tres deles foron cambiados de ubicación, estes dous da foto e o do Valadoiro.
Este dous están no lugar de Friufe. O da esquerda, no adro da igrexa de Friufe. É bastante sinxelo: sobre pedestal, varal de base cadrangular achaflanada, capitel de moldura lisa e cruz sen iconografía.
O cruceiro que actualmente está no centro do camposanto era o antigo cruceiro procesional da igrexa de Merlín. Foi trasladado nos anos 60 desde o monte de Merlín, onde estaba á beira do camiño. É de factura máis elaborada: fuste octogonal, capitel esferoidal, que presenta oito caras con relevo de estrías e marcado con faixas nos bordos e na cintura.
Este capitel é moi semellante ao de Santa Comba, a dous que hai na parroquia de Borraxeiros e ao da igrexa de Alvidrón (Antas deUlla). É un capitel sinxelo e orixinal.
A iconografía é moi tosca e sinxela. Nunha cara, Cristo crucificado e na outra a Virxe.


2 comentarios:

  1. Son un alumno de 1º do IES Laxeiro e o pasado 30 de abril fomos a Celanova de excursión e por favor profesor gustaríame que publicase as fotos.

    ResponderEliminar
  2. Publicarémolas no blog faladegalego.blogspot.com

    ResponderEliminar