Non están todas as imaxes nin siquera creo que estean as máis representativas. Son algunhas das que eu tomei. Tres días dan moito de si. Houbo actos interesantes e variados. Tamén aspectos que se deberán mellorar. A min gustoume especialmente que houbese talleres-obradoiros en vivo e en directo como o do oleiro de Buño da foto superior. Ademais do didactismo con que lle daba forma ao barro, sorprendeume cunha labia que me lembrou a Carlos Arguiñano cando elabora unha receita de cociña. Cada día un oficio, o segundo día tocoulle a unha tecedeira que me ensinou bastantes segredos que descoñecía dos teares, e o último día houbo un ferreiro coa súa forxa ao completo. O exotismo veu da man do grupo folclórico Bordadeiras da Casa do Povo de Cardielos de Viana do Castelo (Portugal). Outros actos destacados foron as actuacións de títeres, espectáculo pirata, o certame de bandas de música...
Sempre envexei os artesáns. E máis se teñen leria...
ResponderEliminar