Houbo diferentes análises da situación /situación.
As imaxes anterior e posterior ilustran o onte e o hoxe. Sen entrar en debates estériles, cómpre dicir que me alegra sobremaneira a aparición do antigo paramento de cachotería granítica, é a mellor restauración posible.
Nesta última imaxe vemos á esquerda, en primeiro termo, a fiestra do mesmo pendello, correspondente á parede sur, no terzo que fora amputado. O pendello da dereita desapareceu por completo para deixar paso á rúa da Parranda.
De todos xeitos non está de máis lembrar que no recinto houbo máis dunha apropiación indebida de terreo público que sería ben recuperar para respectar a esencia primixenia do conxunto arquitectónico. Este caso semellaba nunha primeira ollada algo parecido, pero logo un decátase de que quizais fose unha compensación pola expropiación dun terzo do edificio que fora cedido para anchear o Paseo da Parranda.
Quizais o ideal sería recuperar o pendello tal e como foi, mais antóllaseme improbable.
A miña contribución á recuperación do recinto comeza pola aportación de fotografías. Para que non se necesite interpretar, senón devolver ao estado orixinario seguindo as pautas fidedignas das imaxes. A foto de arriba recolle en primeiro termo á dereita o muro devandito.Nesta última imaxe vemos á esquerda, en primeiro termo, a fiestra do mesmo pendello, correspondente á parede sur, no terzo que fora amputado. O pendello da dereita desapareceu por completo para deixar paso á rúa da Parranda.
Ante o testemuño destas fotos non caben debates. Recuperemos o que poidamos, sen ferir sensibilidades nin intereses consolidados. Repensemos os Pendellos rescatando do pasado a esencia e o espírito e encarémolos e adaptémolos ás necesidades e usos que lles vaiamos dar neste século XXI.
As dúas imaxes en branco e negro son fotogramas dun documental de 1976 sobre Agolada, que conseguín no Centro Rexional de TVE por mediación do ex-compañeiro e amigo Luís García Labandeira. Deixo aquí público agradecemento ao interese e atención por el demostrados.
Non hai duda de que os documentos gráficos son fies testemuña da realidade de antano. Contra deles pouco se poderá rebater.
ResponderEliminarMoitas burradas se fixeron antigamente, menos mal que hoxe en día téntase recuperar o perdido. Alguns casos xa son irrecuperables, polo menos que o axeiten o máis próximo a realidade que mostras nas fotos.
ResponderEliminarCanto queda por facer.
Un saúdo
Es cierto que se hicieron muchas barbaridades urbanísticas, pero resulta peor que se sigan haciendo ahora y por políticos más 'estudiados',debían ser un poco más listos y menos amigos de los suyos.
ResponderEliminar