5 de xaneiro de 2009

849. A PRENSA REÚNESE CON AMIGOS DOS PENDELLOS

Onte, 4 de xaneiro de 2009, a prensa reuniuse coa directiva de "Amigos dos Pendellos de Agolada". Acudiron A Voz de Galicia e Faro de Vigo. Gozamos dunha xornada entrañable, densa e produtiva.
Ás 12:30 tivemos unha roda de prensa, ás 14:30 xantamos en irmandade 35 amigos de Agolada e dos Pendellos (cómpre salientar e agradecer a presencia de Cuco de Pambre, agoladense de adopción, que estende os seus afectos desde Santiago e súmase á idea ilusionante da recuperación do noso mellor patrimonio). Ás 17:30 celebramos a asemblea xeral anual con asistencia dunhas cincuenta persoas ( marcáronse as futuras liñas de actuación, ampliouse e renovouse a xunta directiva...) e unha hora máis tarde pechamos cunha extensa proxección multimedia que versou sobre Pazos e casas fidalgas do concello de Agolada.

1 comentario:

  1. Lin as propostas da Asociación e seméllanme boas.
    Ogallá que rematen con bo fin.

    No posteo anterior comentei que durmín no mosteiro o día da xuntanza de blogueiros e que descoñecía a existencia deses pendellos.
    Non sei que pasaría co comentario.

    ResponderEliminar