9 de xaneiro de 2009

CARROS POR TON VAN VLIET

Baleiro e con orgullo. A chavella é un compás que apunta ao horizonte.
De volta á casa. Cargado de estrume. O eixe compón melodías de freixo.
Unha man guía na curva a outra observa os equilibrios.
Fachenda urbana na costa abaixo.
Vagarosamente polo Pontillón.
Era 1978 e Ton van Vliet sentíase atrapado pola plástica que compoñían vacas e carro en Agolada e Esperante. Daqueles tempos conservamos a mellor memoria feliz e miramos cara adiante, satisfeitos, aos labregos que superaron a tracción animal nos seus traballos.

6 comentarios:

  1. As fotos son ben chulas. Lástima que non vaian acompañadas dese son cantareiro que imaxino cando as vexo.

    ResponderEliminar
  2. Entendo perfectamente como a plástica destas escenas atrapasen ao fotógrafo. Cecais a cotidianidade de outrora que nós tivemos podería facelas pasar inadvertidas?.
    En todo caso compre agradecer a von Vliet por captalas no seu momento e a ti por agasallarnos agora os ollos con elas.

    (Hoxe á mañanciña moi nevada estaba Agolada, raio!)

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  3. Fermosas fotos.
    Vehículos que axudaban nas tarefas do campo, facían a vida mais levadeira os labregos, podíanxe aparcar en calquera sitio sen medo a que chos levase o guindaste e ademais non contaminaban.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  4. Unhas imaxes que naqueles tempos parecía que ían existir para sempre pero que o progreso foi borrando.

    ResponderEliminar
  5. Fermosas fotos. Recordar o pasado sempre é de agradecer. Eu lembro velos por aquí na parroquia, aínda co que máis existían eran os carros de vacas. Nos tíñamos unha na casa, e daba o seu traballiño. Agora, todo mecanizado é máis levadeiro, pero o estrés e as presas, que antes non existían, acaban con nós.

    Unha aperta e gracias por mostralas.

    ResponderEliminar
  6. canto ferruxe, silicio e aleacións caeron sobre nós durante estes poucos anos que nos fan sentir nostalxia destas imaxes

    ResponderEliminar