Reserva un momento para a lembranza de Avelino Abuín de Tembra, que presidira a Fundación ata o seu recente pasamento.
Mariana Ploae-Hanganu, profesora da Universidade Romanesa de Bucarest, onde realizou un gran labor de estudo e difusión das linguas galega e portuguesa, recibiu o Pedrón de Honra. A imaxe recolle un instante da súa alocución.
Mero (Baldomero Iglesias Dobarrio) pronunciou unhas emotivas e emocionadas verbas de agradecemento e reivindicou a cultura e a lingua galegas.
Mini (Xosé Luís Rivas Cruz), coa súa solemne e poderosa voz, teceu un marabilloso discurso do que quero salientar a súa confesión pública de eterna amizade con Mero, mesmo contra os que desexen destruíla.
Logo falaron a dúo, coa música, con versos de Manuel María e un romance popular.

Pechouse o acto co himno galego, cantado polos presentes e acompañado polo Gaiteiro Nubeiro (Raúl Galego) e por Manuel Varela (de A Quenlla e Bico da Balouta).
Rematado o acto, seguiron os saúdos e as apertas dos amigos.

A xornada continuaría ata pasada a media tarde cun ágape no hotel-restaurante Scala de Pazos (Padrón).
Na imaxe superior, Don Avelino Pousa Antelo, presidente da Fundación Castelao e presidente de Honra da Fundación Pedrón de Ouro, imponlle a medalla da Fundación Castelao a Mariana Ploae-Hanganu.
A sobremesa estivo amenizada pola música e a palabra. Arriba canta Tino Baz co acompañamento ao acordeón de Manuel Varela.
Miro Casabella, relembra "O meu país". A min volvéronme as lembranzas da manifestación de Loño, da primeira vez que o vira.
Músicos singulares. Gaita: Raúl Galego, Bombo: Mini, Pandeireta: Mero, Tamboril: Avelino Pousa cos seus 95 anos (mágoa que o atril oculte o tamboril).
Pechouse o acto co himno galego, cantado polos presentes e acompañado polo Gaiteiro Nubeiro (Raúl Galego) e por Manuel Varela (de A Quenlla e Bico da Balouta).En días e lugares coma este é fácil reafirmarse no amor a esta Terra e á lingua na que se expresa.
Mimadriña, cacho documental fixeches!!!.
ResponderEliminarSeguro que o evento o merecía e a ocasión tamén.
Sempre me aleda moito ver ao meu meste gaiteiro Varelita apretando no fol ou temperando no acordeón (ou era ó revés?).
Apertas
A miña admiración por serdes o cerne da nosa lingua e da nosa cultura. Dese o Pico Sacro
ResponderEliminarNotábaseche a emoción, e transmítes a túa admiración que fas compartir, tés razón que así é facil reafirmarse no amor a esta terra e á lingua nosa.
ResponderEliminare mira tí onde fun atopar ó meu bo amigo o gaiteiro nubeiro