Este documento, que data de 1753, recolle o topónimo que reivindicamos: AGOLADA. Sen segmentacións, nin elisións, nin castelanizacións como ocurriría posteriormente.
En ocasións anteriores teño exposto aquí máis argumentos sobre o tema (o mapa de Domingo Fontán, os estudos dos reputados filólogos e estudosos da toponimia, Abelardo Moralejo Laso, Juan Corominas, Fernando Cabeza Quiles, Mariluz Méndez...) Citar e expoñer un documento con dous séculos e medio de historia quizais acredite abondo a teoría que pretendemos demostrar.
A Comisión de Toponimia de Galicia, baseándose neste e noutros documentos fixou como o único topónimo admisible AGOLADA. Non é invento de hiperenxebristas nin refundadores da lingua. Aos que cuestionan isto só lles diría que para falar, aínda que sexa nas tabernas, cómpre documentarse e argumentar con coñecemento de causa.
Quedan polo tanto definitivamente descartadas as deturpacións a que deu lugar: A Golada, La Golada, Golada.
TRANSCRICIÓN:
La parroquia de San Pedro de Ferreiroa tiene una taberna que se llama Agolada que tienen arrendado los vecinos de ella a Bernardo de Ferreiroa juntamente la casa donde se vende el vino en ciento noventa y siete Reales y veintidós maravedís vellón cada año para ayuda de pagar los tributos que llevan especificados y regulan a dicho Ferreiroa como vivero de su utilidad cada año en trescientos Reales vellón y tres ferrados de centeno que le paga y debe hacerlo el tabernero por dicha casa de taberna que componen nueve Reales que juntos hacen trescientos y nueve Reales y a Blas Méndez tabernero, también por la utilidad de vender vino le regulan cada año noventa Reales vellón y por estanquillero cincuenta.
Pasa algo semellante co Porriño e Porriño sen artigo.
ResponderEliminarTeño unha copia dun mapa de Galicia do século XVIII e escribían El Porriño así, con artigo.
Está claro que Facenda sempre andivo enriba das nosas calugas. Chamárase Axencia Tributaria ou Señor Feudal.
ResponderEliminarClaro que agora Hacienda somos todos (mais ou menos) e antes eran somente algúns (menos ou mais).
Unha aperta
O que se tentou facer cos topónimos en Galicia foi unha barbaridade. Para amosar outra monstruosidade, direivos que o pobo de meu pai "A Xesta" tentaron renomealo como "La Gesta". Digo eu que lle puideron haber posto "Retama", ainda que si lle dis a alguén "voy a Retama" coido que non ten vai entender.
ResponderEliminarUn saúdo.
Moi oportuno poñer aquí ese documento. Non é un documento calquera, xa sabemos que ese catastro constitúe un documento básico para a nosa historia real.
ResponderEliminarDe cando en vez é imprescindible presentar probas, para que non digan...
Un saúdo
Unha moi boa proba!!!. Por certo na transcrición do documento onde pos puntos suspensivos e interrogantes faltan as palabras, se non me equivoco (pero un xa leva lido uns cantos documentos): y debe el "dicho" (refírese a "Bernardo") Ferreiroa como "vivero" (de) su utilidad cada año en "trescientos" Reales (...) y nueve reales y a "Blas Méndez" tabernero (...). Unha aperta
ResponderEliminarIgual meto a pata, pero eu tiña entendido que o nome de Agolada procedía do latín AQUAM GELATAM, "auga xeada". A aglutinación e a perda da sílaba pretónica farían o resto. Calquera sabe...
ResponderEliminarSe queres, podes pasar polo meu blog para cubrir unha enquisa.
Un saúdo.