Por casualidade achei o seu blog na rede e como vexo que ten un importante arquivo fotográfico, permítame a licenza de mandarlle unha foto do Farelo dende o coto de Axiaz, a aldea onde nacín, que fixen hai uns anos ( téñoa como fondo de escritorio no meu ordenador). Unha aperta, con moita saudade, dende Richmond, USA.
Luís Seco-Casares Lorenzo.
Hai escasos minutos que acabo de recibir este correo dun conveciño ao que creo que non coñezo. A Rede opera estes milagres: permite a comunicación afectuosa entre dúas persoas que non se coñecen, facilita os puntos de encontro e alimenta a nostalxia dos que viven lonxe.
Por se nos volve ler, Luís Seco-Casares, mandámoslle unha aperta e prométolle unha foto de Axiaz que farei nos vindeiros días cando retorne de Pedroso e suba con esforzo a costa do Turubelo.
É o bo de internet, grazas a el podemos atopar a xente que non coñecemos de nada e ter unha amizade con ela. Tamén podemso contactar con xente de todo o planeta, é incrible. Saúdos.
ResponderEliminarIsto da interrede semella cousa de maxia.
ResponderEliminarEu pasei por Richmond pero non por Richmont.
Manda Carallo......Temos un ex-veciño nada menos que nas terras do outro lado do cabo do mundo.....
ResponderEliminarEsta aldea global é unha pandereta.
Ah, por certo grazas pola confianza ó coller as fotos da capela, sa sabes que non temos ningun tipo de limitacion, .....faltaria mais.